|
|
| 08/09/2010 |
| O tenente de alcalde di que os deputados e deputadas de PP e PSOE deberían dimitir por traizoar aos seus votantes |
|
Vigo, 08 de setembro de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, dixo hoxe que os deputados e deputadas do Partido Popular e do PSOE galegos, e nomeadamente os da provincia de Pontevedra, “deberían ter dimitido xa” por no apoiar onte no Congreso que Galiza asuma as competencias de tráfico, como acordara por unanimidade o Parlamento galego. O nacionalista puxo de manifesto que só o BNG mantivo a posición que defendeu na cámara galega e criticou que os representantes de PP e PSOE poñen defenden antes os seus partidos que os intereses dos seus votantes. |
ler máis... |
|
|
| |
| 08/09/2010 |
| Benestar Social incrementa nun 14% a concesión de becas de libros e comedor que chegan a 2.258 solicitantes |
|
Vigo, 08 de setembro de 2010.- A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou hoxe que o seu departamento concederá este ano un 14% máis de becas de libros e comedor que o curso pasado. O incremento do orzamento permitiu atender a 2.258 solicitantes, 1.724 son de axudas de comedor e 534 de libros. A nacionalista salientou que nunca antes se concederan tantas becas e precisou tamén que nos dous últimos cursos practicamente se duplicou o orzamento e o número de persoas atendidas. |
ler máis... |
|
|
| |
| 08/09/2010 |
| Inaugúrase a exposición “Os anos escuros” con 80 fotografías dos fondos do Arquivo Pacheco |
|
Vigo, 08 de setembro de 2010.- A Casa das Artes acolle mañá a inauguración da exposición “Os anos escuros” con fondos do Arquivo Pacheco. A mostra fotográfica presenta, a través dun conxunto de case oitenta fotografías, o tempo que seguiu ao golpe de estado que se produciu no verán de 1936. Esta é unha máis das iniciativas que a Concellería de Cultura está a desenvolver para poñer en valor o legado do Arquivo Pacheco e amosalo á cidadanía. |
ler máis... |
|
|
| |
1-5
|
|
|
|
|
|
|